Dado que en marzo se celebra o Día da muller, realizaremos unha actividade titulada "Contos clásicos para a igualdade" a cargo do ilustrador Yago García.

Terá lugar no Mupega o venres, 6 de marzo de 17:00 a 18:30 e está dirixido a nenas/os de 7 a 12 anos.

É preciso inscribirse previamente cubrindo o  Formulario de inscrición ou ben, enviar correo electrónico a museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal  co nome das nenas/os, data de nacemento e un teléfono de contacto. (A inscrición debe realizala a nai/pai/titor da nena/o )