COMPROMISOS

· A solicitude debe facerse cunha antelación mínima de 15 días.
·Achegar no momento da entrega das pezas unha copia do seguro integral das mesmas desde a recollida até a devolución no MUPEGA.
·Indicación de procedencia das pezas que pertencen ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), tanto na exposición como nos medios de divulgación que se empreguen por parte dos seus organizadores.

Acceso ao FORMULARIO DE SOLICITUDE DE PRÉSTAMO DE EXPOSICIÓNS OU PEZAS DO FONDO PATRIMONIAL DO MUPEGA.