O Mupega incorpórase  ao Consello Galego de Museos
O Consello Galego de Museos aproba a incorporación a súa asociación do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega. En escrito remitido ao Sr. Secretario Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o presidente do Consello Galego de Museos, D. Carlos García Martínez, informa da aprobación por unanimidade da incorporación do Museo Pedagóxico de Galicia á esta asociación museística de ámbito galego.