Alumnos e alumnas de Covas (Viveiro) visitan por primeira vez o Mupega
Medio cento de alumnos e alumnas do último ciclo de Educación Primaria de Covas visitaron as dependencias do museo e descubriron como era a escola dos seus antepasados e particularmente o extraordinario labor educativo realizado polos seus paisanos emigrados a Cuba noutrora, patente nas escolas habaneras da súa comarca que poideron contemplar no propio Mupega.