Un grupo de profesores e autoridades de Baviera visita o Mupega
Unha ampla representación educativa de Baviera coñeceu de primeira man o noso museo acompañados por varios profesores do IES Xelmirez I de Santiago de Compostela, cos que comparten un estudo comparado dos aspectos básicos dos dous sistemas educativos, no marco dun proxecto Comenius-Regio que se desenvolveron ao longo do presente curso.