O IES Xulián Magariños de Negreira no Mupega
Medio cento de alumnos e alumnas de 1º de ESO do instituto de Negreira pasaron no noso museo parte da xornada do día 14 de xuño. Realizaron unha visita guiada e posteriormente desfrutaron no patio de xogos tradicionais con diversos xogos e enredos autóctonos.