O alumnado de 5º e 6º de Primaria da Escola Anexa de Lugo no Mupega
En dous turnos seguidos ao longo da mañá do 16 de xuño máis de 100 rapaces e rapazas do centro lucense realizaron unha completa visita ao noso museo. O alumnado de 5º tivo a honra de escoitar as explicacións do funcionamento da aula na que estudou D.Celso Currás, ex-conselleiro de Educación e artífice deste museo, que lles explicou polo miúdo como pasou naqueles pupitres os primeiros anos da súa infancia.