Un amplo grupo de internos da Residencia de anciáns e anciás da vila lucense estiveron durante toda a tarde do pasado xoves día 7 de xullo no Mupega.


 Tiveron unha entretida sesión e unha agradable visita, inzada de lembranzas e anécdotas do seu pasado escolar. Prometeron repetir visita o vindeiro ano.


 No Obradoiro que o Mupega ten na planta baixa volveron a traballar coas pizarras, e repasaron momentos entrañables  da súa etapa escolar. Moitos deles lembraban a escaseza de materiais da época, a presenza dos mestres de ferrado nalgunhas aldeas, e sobre todo, o díficil que resultaba acadar unha formación mínima e básica, pola falla de recursos, mestres e tempo para ir á escola.


 Os asesores do Mupega aproveitaron a visita, para convidar a outras residencias semellantes e ofrecerlles a sala da vella escola recreada  a modo de obradoiro, para que os nosos maiores, cos seus monitores traballen e organicen diversos talleres de memoria, actividade tan necesaria e saudable para este sector da