O libro mecánico de Ángela Ruíz Robles no Mupega
A enciclopedia mecánica ideada pola mestra ferrolá no 1949 está en depósito no Museo Pedagóxico de Galicia, por expreso desexo da súa familia.

O xenial invento da mestra ferrolá, Dª Ángela Ruiz Robles (1895-1975), precedente do actual  libro electrónico, ocupa un lugar destacada nas vitrinas do Museo Pedagóxico de Galicia, como peza de incuestionable valor na historia da educación en Galicia, despois de estar presente na exposición inaugural da Cidade da Cultura titulada "Ex Libris. Dos libros de Galicia".


A curiosa peza foi realizada nos talleres navais de Ferrol baixo a dirección e planimetría da ilustre mestra, e patentada na Oficina  Española de Marcas y Marcas con data de 16 de xaneiro de 1950, pasando así a ocupar  a mestra ferrolá o honroso privilexio de ser a primeira e única muller inventora en todo o século pasado.