Alumnas de varios centros das Mercedarias de España no Mupega
Alumnas de varias localidades pertencentes aos colexios das Mercedarias pasan unha mañá no Museo Pedagóxico de Galicia.

Un nutrido grupo de alumnas dos colexios das Mercedarias de Ferrol, Guernika, Tres Cantos, Madrid e Lorca, que pasan unhas xornadas de convivencia en Santiago de Compostela, acudiron xunto coas súas profesoras ao Mupega na mañá do mércores 13 de xullo.

Recoñeceron non ter visto nada semellante e disfrutaron coas explicacións que lles foron ofrecidas sobre o funcionamento da escola dos seus antepasados, manifestando ao longo da visita un inusitado interés e un exemplar comportamento.