Un grupo de maiores da Residencia de anciáns de Castro Riberas de Lea no Mupega
Un amplo grupo de residentes na residencia de anciáns deste concello lucense disfrutou dunha xornada de lecer no Mupega. Este grupo de residentes da Residencia de anciáns, que a Fundación Mapfre, ten na localidade lucense de Castro Riberas de Lea pasou a xornada en Compostela e reiterou a súa intención de voltar as vellas aulas do Mupega o vindeiro ano.


Os maiores lucenses volveron a revivir os seus anos de escola e volveron a practicar a escritura nas vellas pizarras que o museo puxo ao seu dispor no aula-obradoiro existente na súa planta baixa, e que resulta un excelente recurso, segundo as monitoras que os acompañaban, para traballar dunha forma efectiva e agradable a gastada memoria deste sector poblacional