Medio cento de nenos e nenas do concello de Cambre no Mupega
Uns cincuenta nenos e nenas de 8 a 10 anos visitaron o Mupega camiño do seu campamento de verán nas praias da ría de Muros-Noia. Acompañados dos seus monitores coñeceron os distintos espazos museísticos do Mupega e acabaron a mañá cunha sesión de xogos tradicionais no noso patio interior, habilitado especificamente para a práctica deste tipo de actividade

Unha vez visitado o museo e asinado no seu libro de visitas manifestando o seu pracer pola estadía os rapaces e rapazas de Cambre continuaron viaxe cara as terras muradanas.
Dende o Mupega desexámoslles un descanso activo divertido e instrutivo nas fermosas terras da ría de Muros-Noia.