Unha escolla dos nosos mellores actores no Mupega
Un selecto e coñecido grupo de actores realiza unha sesión fotográfica no Mupega para anunciar a súa próxima obra teatral: "El florido pensil". Antonio Durán ‘Morris’, Xosé Manuel Olveira ‘Pico’, Josito Porto, Alfonso Agra e Federico Pérez visitaron o Museo co obxecto de realizar unha sesión fotográfica que servirá de cartel de presentación
do seu próximo espectáculo teatral: “El florido pénsil”, dirixido por Fernando Bernués e Mireia Gabilondo

Unha escolla dos nosos mellores actores no Mupega
Os actores mostraron a súa agradable sorpresa pola beleza da exposición permanente do museo que visitaron con verdadeiro interés.
A recreación da obra de Andrés Sopeña sobre a memoria da escola nacionalcatólica tivo nas aulas do Mupega un perfecto escenario, e serviu de preámbulo  ao que seguro será un éxito de público nos mellores teatros galegos. O espectáculo estrearáse no próximo outono en Compostela.