Nenos e nenas dun campamento urbán de Compostela visitan o Mupega
Uns 25 nenos e nenas de idades entre 5 e 12 anos visitaron o noso museo dentro do seu programa de actividades extraescolares que lles ofrece a empresa de actividades de tempo libre ACTEX. O núcleo museográfico dedicado aos enredos infantis e a aula-obradoiro foron os lugares máis apreciados polos infantes composteláns.

Uns 25 nenos e nenas de idades entre 5 e 12 anos visitaron o noso museo dentro do seu programa de actividades extraescolares que lles ofrece a empresade tempo libre ACTEX. O núcleo museográfico dedicado aos enredos infantis e a aula-obradoiro foron os lugares máis apreciados polos infantes composteláns.


Os pequenos visitantes aproveitaron para descubrir a nova exposición temporal presente no Mupega e que xira arredor das linguas que se falan ao longo do Camiño de Santiago.


Os educadores do Mupega animaronos a voltar cos seus profesores unha vez comezado o curso académico