Estreo no Mupega do documental "Lembranzas da infancia. Recordos da Escola”
O pasado venres 23 ás 18:00 h foi presentado oficialmente o documental "Lembranzas da infancia. Recordos da Escola”, que versa sobre o labor educativo promovido polos emigrantes galegos.

O Salón de Actos do Mupega encheuse o pasado  venres 23 de setembro de 2011, ás 18:00 horas, de autoridades educativas, municipais e autonómicas, de numerosos especialistas no mundo da educación con motivo da estrea do documental Lembranzas da infancia. Recordos da ecola, un proxecto de IMAXINA, S.L., dirixido por Daniel Vázquez Vila, antiguo colaborador do Mupega.


A obra, na que se analizan as achegas culturais e educativas da emigración galega nos principios do século XX, realizouse ao longo de dous anos, percorrendo para iso máis de 7000km. Polas distintas parroquias e municipios galegos.


“Lembranzas da infancia. Recordos da Escola”, un traballo que firman Daniel Vázquez Vila como director e Jaime Pardo Valdés como productor executivo, resposta a unha exhaustiva labor de investigación e inclúe a recreación de diveros episodios históricos así como unha novedosa documentación gráfica e entrevistas a varios especialistas na materia, moitas delas realizadas nas aulas históricas do noso museo.


O acto estivo presidido polo Conselleiro de Educación, acompañado polo Secretario Xeral Técnico, o presidente da Deputación de Ourense, o director xeral do libro e o concelleiro de Educación do concello de Santiago de Compostela.