O Mupega presente na actividade cultural  “Son d´aldea”
Préstamo de material escolar do Mupega á asociacíón cultural " O Parzamique" de San Juan de Albá (Palas de Rei).

A Asociación Cultural “ O Parzamique” de San Xoán de Albá  en Palas de Rei (Lug0), xunto coa empresa de agroturismo “Arqueixal”, organizaron o pasado día 3 de setembro unha actividade de dinamización  cultural  da vida rural.

 


Houbo actividades teatrais, musicais e de recreación de ambientes propias da aldea nos anos cincuenta do século pasado coa participación activa da veciñanza da localidade ao longo dunha xornada lúdica que rematou cun xantar de confraternidade.

 


O Mupega colaborou coas entidades organizadoras recreando unha vella escola con materiais e enseres propios da época.

 


Unha feliz idea que se repetirá todos os anos nesta fermosa aldea da comarca da Ulloa.