Alumnado da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo visita o Mu
Máis dun cento de rapazas e rapaces do 1º de Grao de Mestre de EI e EP visitaron o Mupega

Como vén sendo habitual estes últimos anos ao longo do primeiro trimestre  unha ampla representación do alumnado matriculado no primeiro curso de Grao en Mestre/a de Educación Infantil e de Educación Primaria, acompañados por boa parte dos seu profesorado, visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia.


A visita para estas 112 rapazas e rapaces supuxo un agradable achegamento visual á profesión para que están comezando a súa preparación. Nas salas do Mupega puideron observar cómo foi a evolución da escola galega a través da contemplación da abundante arqueoloxía escolar nelas depositada, ademais das explicacións aportadas polos educadores do museo.


Agardamos velos de novo polo noso museo, ben como estudantes máis avanzados, ben como futuros docentes.