Alumnos e alumnas do Grao de Educación Social da USC no Mupega
Unha ampla representación do alumnado da materia Historia da Educación Social co seu profesor D. Vicente Peña Saavedra visitaron o Mupega.

Máis dun cento de alumnas e alumnos  da materia “Historia da Educación Social” do 2º curso de Grao de Educación Social da USC acompañadas polo seu profesor D. Vicente Peña Saavedra, realizaron unha visita ás nosas instalacións e observaron con interés o traballo que o museo vén desenvolvendo a prol da recuperación e posta en valor do patrimonio educativo de Galicia. O profesor Peña lembrou aquel tempo auroral do Mupega, no que el participou activamente, e que situou ao Museo Pedagóxico de Galicia na vangarda do museísmo pedagóxico mundial.


Pola súa banda, os asesores do Mupega, D. Antonio Cepeda e D. Emilio Castro,  ilustraron con  explicacións pormenorizadas os distintos  espazos museográficos existentes no museo.