O Colexio Sagrado Corazón de O Carballiño visita por primeira vez o Mupega
Un amplo grupo de nenos e nenas dos cursos 5º e 6º de Educación Primaria do centro ourensán pasaron unha agradable mañá nas nosas instalacións museísticas.

Nunha espléndida mañá de outono o alumnado dos cursos 5º e 6º de EP, do Colexio Sagrado Corazón de O Carballiño (Ourense), visitou o noso museo.


Os nenos e nenas dividíronse en dous grupos para compatibilizar a visita-tipo que denominamos  “a escola dos avós” , cunha divertida sesión de xogos populares  no noso patio de recreo.


O museo oferta esta posibilidade aos centros visitantes, cumprindo deste xeito cun dos seus obxectivos fundacionais: poñer en valor o patrimonio educativo de Galicia e contribuír á recuperación dos enredos e xogos tradicionais da nosa terra.


O alumnado mostrou total receptividade a unha e outra modalidade e agradeceron aos educadores do museo a súa atención e dedicación durante as case dúas horas que botaron connosco.


 Agardamos que outros centros de ensino non universitario visiten as nosas instalacións, especificando a modalidade de visita que desexan recibir, para o que é preciso visitar a nosa páxina web- www.edu.xunta.es/mupega- e alí coñecer a nosa oferta educativa para este curso.