Alumnado de 5º e 6º de EP do CEIP Agro do Muíño de Ortoño ( Ames ) no Mupega
38 nenos e nenas de 5º A e B e outros 41 de 6º A e B do colexio Agro do Muíño da localidade rosaliana de Ortoño pasaron unha entretida mañá de outono nas nosas instalacións.

38 nenos e nenas de 5º A e B e outros 41 de 6º A e B do colexio Agro do Muíño da localidade rosaliana de Ortoño pasaron unha entretida mañá de outono nas nosas instalacións. Optaron pola modalidade de visita “A escola dos avós” que se oferta na nosa web,  e deste xeito  puideron descubrir e practicar  diversas actividades relacionadas coa vella escola.


Os escolantes de Ortoño visitaron as dependencias do museo, manipularon antigos aveños didácticos e divertironse con xoguetes e xogos tradicionais.


Ofrecemos como mostra unha imaxe que reflicte o seu estado de ánimo unha vez acabada a visita.


Dende o Mupega felicitámolos polo seu exquisito comportamento e actitude, esperando  volver a velos noutra ocasión futura.