Representantes europeos pertencentes ao Grupo de Traballo : “Linguas e culturas
Representantes europeos pertencentes ao Grupo de Traballo : “Linguas e culturas no Camiño de Santiago”, visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia

Un amplo grupo de representantes europeos pertencentes ao Grupo de Traballo : “Linguas e culturas no Camiño de Santiago”, visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia, coincidindo coa súa presenza no Congreso Internacional que sobre Cultura e Linguas do Camiño de Santiago se desenvolveu nas instalacións do Mupega os días 21 e 22 do presente mes.


 


Axentes culturais de Bretaña, Navarra, Galicia, das universidades de Toulusse ( Francia ) e Kield ( Alemaña ), xunto con comisarios da propia UE, percorreron as salas do museo nunha visita didáctica na que  se puxeron de manifesto as singularidades do museo galego no mundo emerxente do museísmo pedagóxico nos países e rexións do Camiño.


 


Os asistentes gabaron a excelencias do Mupega e o papel que estes centros da memoria teñen no campo da conservación do patrimonio material e inmaterial  dos noso  pobos e a súa importante achega a idea común de Europa.