O alumnado de 5º nivel de EP do CPI Manuel Padín Truiteiro de Arcade (Pontevedra
Un medio cento de alumnas e alumnos de 5º nivel de EP do Colexio Público Integrado de Arcade pasou a mañá do martes día 8 de novembro visitando as dependencias do noso museo. Os nenos e nenas coñeceron polo miúdo como era a vida escolar dos seus antepasados a través das aulas históricas do Mupega e do seu abano de xoguetes tradicionais.

Un medio cento de  alumnas e alumnos de 5º nivel de EP do Colexio Público Integrado de Arcade pasou a mañá do martes día 8 de novembro visitando as dependencias do noso museo.


Os nenos e nenas coñeceron polo miúdo como era a vida escolar dos seus antepasados a  través das aulas históricas do Mupega e do seu abano de xoguetes tradicionais.


Participaron dunha sesión de xogos tradicionais e visitaron a aula de indianos que, con todos os seus aveños de época está  disposta na primeira planta do museo. Alí, ademais, coñeceron a través dunha pantalla interactiva o inxente labor despregado polos indianos galegos no eido escolar.


Profesorado e alumnado do centro arcadés, manifestaron unha vez rematada a súa estadía no Mupega, a satisfación polo trato e o valor museístico da exposición permanente, prometendo volver nun próximo curso.


Coma sempre o Mupega felicita e agradece a participación deste centro  no seu programa de visitas escolares 2011-12. Na medida das nosas posibilidades seguiremos ofrecendo a mellor información posible e o trato máis axeitado aos futuros visitantes, escolares ou non, que franqueen as nosas portas de San Lázaro 107.