Alumnado da Facultade  de Psicoloxía  da USC visita o Mupega
Unha trintena de alumnas e alumnos de 4º curso da Licenciatura de Psicoloxía realizaron na histórica tarde do 11.11.11 unha visita didáctica ao noso museo dentro do programa de prácticas que coordina o seu profesor Martiño Rodríguez. Estiveron acompañados polo educador do museo Emilio Castro e coñeceron de primeira man o rico patrimonio educativo que acubilla nas súas salas o Mupega.

A longo de dúas horas observaron de preto a memoria educativa de Galicia patente nos innumerables obxectos escolares dispostos nas distintas aulas de épocas pasadas que se distribúen polos distintos espazos do museo.


En vindeiras xornadas máis compañeiros e compañeiras da mesma materia continuarán pasando polo Mupega como parte do seu proceso formativo. Os responsables do Mupega agradecen este achegamento dos distintos  centros de ensino universitario da nosa cidade polo que de proxección social e educativa representan.