A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC de visita no Mupega
Como vén sendo habitual nos últimos anos, un grupo de socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitou o Museo Pedagóxico de Galicia. A visita durou dúas horas nas que os visitantes puideron achegarse de preto ao legado pedagóxico que se conserva no museo. Os participantes fixeron un percorrido polos diferentes recursos didácticos e metodoloxías que marcaron as distintas etapas da educación en Galicia ata a actualidade

Entre os elementos que espertan maior interese, é preciso destacar catro recreacións de aula que mostran na súa decoración e recursos físicos o momento histórico que está a vivir o país nese intre: a aula de indianos, a aula da Restauración, a aula da República e a aula do franquismo