Alumnado  de  5º DE EP do CEIP VALLE INCLÁN de Oleiros (A Coruña) visitan o MUPE
Arredor de 55 nenos e nenas de 5º Educación Primaria do Colexio Valle Inclán de Oleiros (A Coruña) cos seus mestres Elena e Luís pasaron unha mañá moi divertida no noso museo, participando nos xogos tradicionais na ludoteca e lembraron a escola dos seus avós de pizarriño e pluma no Obradoiro do Mupega. Nos próximos días outra parte do alumnado deste centro tamén visitará o museo.

 


Alumnado  de  5º DE EP do CEIP VALLE INCLÁN de Oleiros (A Coruña) visitan o MUPEGA


O equipo directivo do Mupega agradece a confianza deste centro co noso museo manifestado no elevado número de visitas que nos prodigan.


Esperamos saber responder ás súas espectativas e poder amosarlles as características da escola de onte.