O IES Chapela visita o MUPEGA
En torno a uns 60 estudantes do Ciclo Superior de Educación Infantil do instituto de Chapela visitaron cos seus profesores o noso museo, coñecendo de primeira man as distintas salas expositivas e os elementos que as compoñen. O alumnado manifestou o seu interese polas aulas históricas do noso centro que lles facilitaron unha visión de conxunto das distintas etapas da evolución do sistema educativo español e galego.

Tamén repararon como futuros educadores do nivel  Infantil de 0 a 3 anos nos traballos que o MUPEGA fai arredor do xogo e xoguete tradicional tanto na súa ludoteca coma no patio de recreo anexo.