Un segundo grupo da asignatura Psicoloxía da Educación da Facultade de Psicoloxí
Na tarde do xoves 17 de novembro, un segundo grupo de estudantes da Facultade de Psicoloxía acudiu ao MUPEGA para coñecer o museo e cumprir así cunha actividade máis das súas prácticas. O alumnado observou con atención a evolución do sistema educativo perfectamente recreado a través das aulas do museo, que reproducen diferentes contextos educativos, algúns deles de singular valor coma as aulas de indianos ou aula de ferrado.

Nos vindeiros completarase a visita ás nosas instalacións da totalidade deste grupo de estudantes tan próximos ao remate da súa licenciatura.