Un animado grupo de residentes no Centro de Día "Mayores" de Coruña visita o MUP
Na mañá deste soleado 19 de novembro, unha ducia de persoas usuarias do Centro de Día “Mayores” da Coruña visitou as distintas salas do museo e lembrou parte da súa infancia a través dos numerosos aveños escolares distribuídos polas salas do MUPEGA. Durante dúas horas volveron á súa infancia e intercambiaron as súas distintas experiencias escolares animados pola actuación dos educadores do museo

As persoas maiores son uns visitantes asiduos do museo e dan lugar a un intercambio moi positivo de información e de experiencias. Durante este curso os educadores interactúan con eles a través da mostra de diversos enseres que están escondidos na maleta da memoria.