Un grupo de usuarios do Forum Metropolitano da Coruña visita o MUPEGA
Este pasado sábado 19 de novembro un animado grupo de usuarios dese centro de ocio e cultura que é o Forum Metropolitano da Coruña, pasou preto de dúas horas percorrendo as salas do Museo Pedagóxico de Galicia. “Non perdas o tempo. Visitao con paciencia” foi unha das frases que nos deixaron no noso libro de visitas e que resume perfectamente o seu estado de ánimo.

Aquí podemos ver aos membros do grupo co seu educador Eduardo na nosa aula-obradoiro, onde disfrutaron recreando a escola da memoria e que lles serviu para intercambiar lembranzas da súa infancia.