Outro grupo de estudantes do CEIP Valle Inclán de Oleiros no  MUPEGA
Nesta mañá gris do 22 de novembro un grupo de alumnos e alumnas de 6º curso do centro de Perillo seguiu as indicacións dos guías do museo, nesta ocasión Sergio e Margorit,que aquí posan diante do espazo dedicado ao mundo infantil .Os rapaces participaron nun obradoiro de xoguetes tradicionais e visitaron as distintas estancias do MUPEGA. Continuaban a súa mañá de museos composteáns coa visita á Cidade da Cultura. Aquí se ven escoitando as explicacións na aula obradoiro da escola dos avós.

Nos próximos días outros rapaces do mesmo centro tamén estarán connosco para descubrir os segredos da escola antiga que eles xa non coñeceron