Un último grupo de estudantes da Facultade de Psicoloxía da USC visita o MUPEGA
Na tarde do martes 22 o último grupo do alumnado da materia Psicoloxía da Educación da última promoción da Licenciatura de Psicoloxía acudiu ao MUPEGA para coñecer de primeira man a representación museográfica do devir da escola en Galicia. Ao remate da visita manifestáronse así de satisfeitos na fotografía tomada na aula da época franquista e agradeceron as explicacións recibidas por parte dos responsables do centro