O alumnado de 6º de EP do CEIP Valle Inclán de Oleiros (A Coruña) visita o MUPEG
Un novo grupo de alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria do colexio coruñés pasou a mañá do mércores 23 nas instalacións do museo, atendendo ás explicacións dos responsables do mesmo e disfrutando dos xogos e da vida escolar dos seus antepasados. Ao final quixeron deixar patente a súa ledicia fotografiandose na entrada do museo.

A educadora Beatriz Seco guiounos polas aulas de indianos e o espazo do mundo infantil e Sergio e Marjorit acompañaronos no obradoiro e na ludoteca do centro, xogando con brinquedos antigos e recreando a escola dos avós.