O IES de Brión visita o MUPEGA por primeira vez.
Na fría mañanciña do martes 29 de novembro un simpático e numeroso grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO do instituto do veciño concello de Brión visitaron as nosas instalacións achegándose, cun pouco de présa por mor da axenda de visitas que tiñan para ese día, a historia da escola e do ensino en Galicia.


Esperamos velos de novo polo noso museo de máis vagar e coa mesma ilusión e excelente disposición desta vez, e poder ensinarlles polo miúdo como se foi conformando a escola galega, tanto no seu nivel de primaria coma de secundaria e formación profesional, ademais de poder ofertarlles a posibilidade de xogar cos antigos xoguetes no noso patio de recreo.