O encontro foi inaugurado polo director xeral de Educación, F.P. J.L. Mira
Na Xornada da Inspección Educativa celebrada hoxe no MUPEGA analizarase a intervención destes profesionais no seguimento dos plans de mellora nos educativos
Ao longo do día se analizarán os resultados da avaliación PISA 2009




A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe unha nova ferramenta informática que optimizará a xestión do traballo desenvolvido polas inspectoras e inspectores. Isto sucedeu na Xornada da Inspección Educativa 2010-2011 celebrada no día de hoxe no MUPEGA, en Santiago.


O encontro foi inaugurado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira, que destacou a importancia de “ter todas as ferramentas posibles a vosa disposición para poder desenvolver cada día mellor o voso traballo”, ao que engadiu “desde a Consellería apostamos polas cosas ben feitas e pola eficiencia dos recursos dos que dispoñemos e esta nova ferramenta informática facilitará o voso labor”.


A actualidade a análise


No mesmo encontro, a subdirectora Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, Carmen Cimadevila, analizará cas inspectoras e inspectores os resultados do informe PISA 2009. Cómpre recordar que neste estudos destacou que o alumnado galego mellorou os seus resultados respecto do anterior último. Así, Galicia sitúase por riba da media española en comprensión lectora, cunha puntuación de 486 puntos, 7 máis ca no informe de 2006, e 5 máis que os 481 da media española. Nesta competencia, e respecto das demais Comunidade Autónomas, a galega sitúase no grupo nun grupo intermedio, xunto co País Vasco, Asturias, Cantabria e Murcia.


Posteriormente Ángel Sanz Moreno, do servizo de inspección educativa de Navarra, falará dos plans de mellora dos centros, da súa elaboración e supervisión. Ademais ao longo do día tratárase a planificación do segundo trimestre do curso escolar.