O alumnado de 3º e 4º  de EP do CEIP San Vicenzo no Mupega
Un simpático grupo de estudantes do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitou as instalacións do Mupega durante a mañá do venres 2 de decembro disfrutando das actividades lúdicas desenvoltas na nosa ludoteca e coa recreación da escola dos avós..

Aquí aparece un grupiño deles mentras os restantes xa se preparaban para continuar coas súas visitas á cidade de Compostela para repoñer forzas antes de volver para a súa escola.