Un animado grupo de ferroláns e ferrolás visitou o Mupega
Un animado e simpático grupo de adultos de Ferrol estivo este sábado 3 de decembro no Museo Pedagóxico de Galicia para coñecer de primeira man a memoria alí depositada da escola galega.

Foron guiados polas distintas salas pola educadora Beatriz Seco e remataron o seu percorrido cunha imaxe ben simpática tomada no noso obradoiro da escola dos avós.


Nas case dúas horas que botaron entre nós lembraron con nostalxia o seu tempo escolar recoñecible nos numerosos enseres propios do patrimonio educativo presentes no Mupega.