Exposición temporal sobre cadernos escolares antigos no MUPEGA
Mañá mércores 14 de decembro inaugurase no MUPEGA unha nova exposición temporal. Neste caso a temática elixida son os cadernos escolares antigos, aqueles coidados testemunos escritos da vella escola.

A exposición está estructura en torno a uns paneis informativos e unha variada tipoloxía de cadernos escolares: de alumnos, de profesor, de rotación, etc. A mostra é propiedade do Museo Pedagógico da Universidade de Salamanca que ten a súa sede expositiva no campus de Zamora. Son os seus comisarios os profesores Dª Isabel Ramos e D. Bienvenido Martín.

Estará exposta no vestíbulo do MUPEGA ata finais de xaneiro.

Na primeira planta, e tamén desde esta semana, haberá outra mostra temporal, neste caso de revistas escolares editadas ao abeiro dos diferentes programas da Secretaría Xeral de Política Lingüística nos últimos vinte anos.