O Centro de Día de Cerdedo (Pontevedra) lembra no Mupega a súa infancia.
Un animado grupo de usuarias do Centro de Día da fermosa localidade pontevedresa de Cerdedo acompañadas polas súas coidadoras e educadoras pasou unha agradable mañá percorrendo as nosas instalacións.

As simpáticas pontevedresas lembraron con alegría o seu pasado escolar e os seus tempos infantís ao achegarse ás aulas antigas e poder manipular moitos  dos xoguetes antigos cos que xogaran noutrora: carracas, zoadeiras, etc.


Prometeron volver o ano que vén pola grata impresión que lles causou o museo. Deixaronos unha fermosa e entrañable felicitación de Nadal totalmente artesanal que o MUPEGA colocará en lugar preferente como mostra do bo momento pasado coas nosas veciñas de Cerdedo.