Tarxeta de Nadal do MUPEGA
O MUPEGA súmase a outras institucións felicitando aos seus colaboradores, usuarios e institucións análogas a través da composición fotográfica que recrea unha das súas aulas históricas.

A imaxe acompáñase dun texto conmemorativo destas datas de ilusións e bos desexos, que os que traballan no MUPEGA queren facer chegar aos seus visitantes físicos e virtuais.


 


"Desde aquí, onde se garda a memoria da infancia e se conservan as lembranzas da vella escola, queremos compartir contigo  ilusións e esperanzas  propias destas datas e necesarias para seguir camiñando polo 2012."