A Residencia-fogar de maiores "Porta do Camiño" visita o MUPEGA
Un animado grupo de maiores residentes no fogar da 3ª idade Porta do Camiño de Santiago de Compostela, volveu a lembrar a súa xa lonxana infancia escolar a través da contemplación emotiva das distintas aulas históricas do MUPEGA.

O pasado día 20 deste frío mes de Nadal e como vén sendo habitual nos últimos anos, un grupo de maiores composteláns da Porta do Camiño, acercaronse ata San Lázaro para percorrer as distintas estancias do Museo Pedagóxico de Galicia e revivir de novo o tempo infantil cos seus xogos e xoguetes e cos seus ancestrais aveños escolares, presentes nos diferentes espacios museográficos do MUPEGA.


Acompañados polos seus monitores seguiron atentamente as explicacións da educadora do museo, Dª Beatriz Seco, quen inmortalizou con este simpática imaxe o seu paso polo museo.