Alumnado de centro Torre de Lemos de Monforte visitan por primeira vez o MUPEGA.
Acompañados do seus profesores un grupo de estudantes monfortinos de ensinanza secundaria obrigatoria visitou as nosas dependencias quedando gratamente satisfeitos coas explicacións ofrecidas polo noso compañeiro Antonio Cepeda, que lle serviron para coñecer máis polo miúdo o pasado escolar da nosa Comunidade.

Destacaron no noso libro de visitas a súa admiración pola posta en escena das aulas históricas e a orixinalidade  das dúas exposicións temporais presentes no noso centro: revistas escolares patrocinadas pola Secretaria Xeral de Política Lingüística e a de Cadernos Escolares antigos do Museo Pedagóxico de Salamanca.