Un simpático e numeroso grupo de pequenos estudantes do colexio Cluny de Santiag
Medio cento de alumnos e alumnas de 1º curso de Educación Primaria do colexio Cluny pasaron a fría mañá do xoves 12 de xaneiro nas instalacións do MUPEGA. Achegaronse á vella escola por medio de entretidos contos e practicaron con xogos e xoguetes tradicionais na nosa ludoteca.

No interior do museo visitaron o espazo museográfico dedicado ao xoguete tradicional, onde observaron atentos como foi evolucionando a construción dos xoguetes ata chegar á pizarra dixital.


Por último nun taller de papiroflexia construíron e levaron de mostra un fermoso cubilete para gardar os seus primeiros enseres escolares.


Ao compás de diversas cancións infantís abandonaron o museo preto do mediodía.