A Conferencia Internacional Confint-Galicia “Coidemos o Planeta”, desenvolvida p
Neste evento, celebrado no Museo Pedagóxico en Santiago de Compostela, deronse cita estudantes, profesores e pais, en representación dos centros adscritos á Axenda 21 Escolar de Galicia. Expoñeron e compartiron propostas para a protección do planeta, previamente debatidas nas aulas.

Sairon elixidos os 20 alumnos que representarán á nosa comunidade na Confint-España, a celebrar os días 26 e 27 deste mes en Vitoria-Gasteiz, compartindo experiencias cun centenar de mozos de Cataluña, País Vasco, Madrid, Albacete e Canarias.
De aí á Confint-Europa, que contará con dous portavoces galegos, en Bruxelas do 14 ao 16 de maio.


Un amplo grupo de pais e profesores realizaron unha visita guiada ao museo da man da nosa asesora Beatriz Seco, quedando gratamente impresionados.