Alumnado de 2º curso de EP do Colexio Peleteiro visita o MUPEGA
Un simpático grupo de nenos e nenas do Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela,pasaron a mañá do martes 17 de xaneiro nas instalacións do noso museo, participando activamente tanto na visita guiada coma na práctica de xogos tradicionais na nosa ludoteca.

Os alumnos e alumnas xunto cos seus profesores percorreron todas as salas do museo, para logo participar nunha sesión de contacontos e nunha clase práctica sobre xoguetes tradicionais. Por se fose pouco, algúns deles foron convidados do programa A Revista da TVG que, nesa mañá achegouse polo noso centro para gravar imaxes da exposición  temporal que dedicada aos cadernos antigos ocupa o noso vestíbulo.