O CPI Cernadas de Castro de Lousame visita o MUPEGA
Os alumnos e alumnas do 2º curso de Primaria do colexio de Lousame pasaron a mañá do mércores por Santiago.Primeiro asistiron a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia e logo pasaron polas nosas salas expositivas

Ao longo de hora e media os pequenos estudiantes de Lousames, a patria do cura de Fruime, do que leva o nome o seu centro, disfrutaron co obradoiro de xogos tradicionais e visitaron as exposicións temporais de cadernos e de revistas escolares, para acabar con este sonriso coral no vestíbulo do museo.