Un animado grupo de estudantes do FESAN de Santiago de Compostela no MUPEGA
Os estudantes do Ciclo Superior de Educación Infantil que se forma no FESAN- centro privado Fundación de Estudios e Análises- pasou polas instalacións do Museo Pedagóxico de Galicia na tarde deste mércores frío de xaneiro.

Este alumnado, no futuro, ensinantes de Educación Infantil, recreouse naqueles espazos do MUPEGA que fan referencia ao pasado escolar e ao tempo de lecer dos máis novos.


Desexámoslles moito éxito na súa andaina vital e esperamos volver a velos polo noso museo.