Un grupo de residentes de Sar-Aquavitae visitan o MUPEGA
Un animado grupo de residentes na residencia da 3ª idade SAR-AQUAVITAE de Santiago de Compostela lembran as súas vivencias escolares nas instalacións do MUPEGA. O animado grupo disfrutou coas súas lembranzas da escola ao ver as distintas salas expositivas do museo.

 Na mañanciña do primeiro e frío día de febreiro visitounos este grupo de anciáns composteláns que teñen a súa residencia aquí ao lado do museo, no barrio de San Lázaro. A súa memoria viva serviunos a nós para coñecer de primeira man aquel tempo pasado da súa díficil infancia e animaronos a seguir recreando para as xeracións novas toda a nosa historia escolar.