Outro grupo de estudantes do centro FESAN visita o MUPEGA
Despois da visita dos seus colegas da especialidade de Educación Infantil, hoxe visitaron o museo un animado grupo de estudantes matriculados no ciclo superior de Animación Sociocultural.

Este pequeno pero moi interesado grupo de rapaces e rapazas manifestou a súa admiración pola fidelidade con que se recrearon as aulas doutras épocas históricas e expresaron o seu desexo de poder colaborar no futuro con algunha actividade do museo para completar a súa formación.