O MUPEGA presente na exposición Marcela e Elisa organizada pola UDC.
Un lote de material do noso fondo patrimonial viaxou á Coruña para complementar a exposición que na sala Normal tivo como protagonistas a Marcela e Elisa. Na imaxe pódese observar ao escritor Manolo Rivas escribindo un poema nun dos nosos encerados.

A historia destas mestras que tiveron que esconder o seu amor por mor da represión e persecución á que foron sometidas elas e cantos se desviaban dos canones que sobre a condición sexual existian naqueles díficiles anos de comezos do século XX. Tiveron que disfrazar o seu amor para poder casarse e vivir xuntas.