Alumnado de 1º de ESO do IES A Cachada de Boiro no MUPEGA
Un animado grupo de alumnos e alumnas do 1º de ESO do instituto boirense achegouse na mañá do 7 de febreiro polas instalacións do MUPEGA e disfrutou coas recreacións da escola antiga.

Tamén participaron coloquialmente na práctica de xogos tradicionais coma a zoadeira e outros, ademais de recoñecer entre as maquetas de edificios escolares existentes no noso museo, a da escola unitaria de Ferreiros do seu concello.